venres, 31 de xaneiro de 2025

30 de Xaneiro, Día da Paz e da Ilustración

Con motivo do Día da Paz e da Ilustración, a biblioteca "Ramón Caride" achegou o seu granciño de area ás actividades do Cole de Cea.

En colaboración coas titorías de ESO, expúxose de forma gráfica unha parte dos conflitos bélicos vixentes na actualidade, após a investigación do alumnado.

As titoras e titores de EP organizaron o traballo para que a rapazada elaborase carteis impactantes con información e reflexión sobre algúns conflitos armados e as súas consecuencias na infancia; carteis que campan nas salas da biblioteca.

Por outra banda, e para conmemorar o  Día da Ilustración, fíxose unha escolma de libros (nomeadamente ilustrados) e cómics, alén de filmes relacionados coas guerras.

Radio Roxar en acción!!

Onte tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca a Gabriel Paz Otero , técnico profesional de imaxe e son e especialista en creación audio...