martes, 25 de novembro de 2025

A BIBLIOTECA ABRE A PORTA VIOLETA

No 25N non celebramos nada. É un día para lembrar que aínda queda moito por facer na loita contra a violencia de xénero. Na nosa biblioteca escolar falamos co alumnado a partir de 2º de Primaria sobre a exposición que temos esta semana: unha pequena mostra de mulleres asasinadas só en Galicia, unha realidade dura que non podemos ignorar.

Despois, reflexionamos e debatemos a través de preguntas sobre por que seguen ocurrendo estas 

situacións e que podemos facer entre todas e todos para cambialas. 


Para pechar a actividade, cantamos xuntas "A Porta Violeta" de Tanxugueiras e Rozalén, un himno que 

nos lembra que sempre hai un camiño cara á liberdade e ao respecto.











A nosa Árbore da Igualdade medra polo 8M.

Con motivo do 8M  preparamos unha exposición de libros sobre mulleres inspiradoras . A partir destas lecturas, cada alumno e alumna escolleu...