xoves, 26 de novembro de 2026

RADIO NA BIBLIO


 

25N: Un día para visibilizar e alzar a voz 💜

Hoxe vivimos no cole unha xornada especial para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Viñemos vestidos de cor morada, símbolo da loita pola igualdade e contra a violencia machista. Unha maneira de amosar o noso compromiso cunha sociedade na que todas as mulleres poidan vivir libres e sen medo.

Xuntámonos para formar un gran lazo humano, lemos un manifesto e rematamos cantando todas xuntas Nais e Avoas, de Pauliña.





Dentro do noso PDI, O cole de Cea conta, cada curso investigou a vida dunha muller que foi invisibilizada pola violencia machista da súa época. Unha oportunidade para coñecer as súas historias, descubrir as súas achegas e darlles o recoñecemento que merecen.







Desde a biblioteca tamén seleccionamos diferentes libros relacionados co 25N, porque a lectura é unha boa maneira de reflexionar e educar na igualdade desde a infancia.







Queremos agradecer, dun xeito moi especial, á autora Noela Míguez que agasallou ao noso centro co seu libro Ocho señales, un relato autobiográfico que relata a relación de abuso, psicolóxico e físico, que case lle custa a vida.

                               



luns, 23 de novembro de 2026

TALLER ADORNOS DE NADAL

Xa comezamos cos talleres para preparar os adornos de Nadal! 

Nos recreos de primaria e secundaria poñémonos mans á obra para encher a nosa biblioteca de cor e ambiente de Nadal.

Agardámosvos para botarnos unha man!






AULA HOSPITALARIA

Poñémonos mans á obra nas titorías para preparar unhas postais de Nadal que enviaremos á aula hospitalaria de Ourense. 

Queremos mandarlles un pouquiño de ilusión e alegría aos nenos e nenas que pasarán estas datas no hospital.

Entre todas podemos facer que lles chegue un anaquiño do noso Nadal!




domingo, 22 de novembro de 2026

Historias de medo a través do tempo

 Este Samaín puxémonos mans á obra para crear un libro colaborativo de historias de medo, no que participou o alumnado de 1ºEP a 4º da ESO.

Cada grupo tomou como punto de partida a época histórica que traballa dentro do noso PDI «O cole de Cea conta» e, a partir dela, inventou historias de medo, acompañadas das súas propias ilustracións.

Cada relato e cada debuxo son o resultado da implicación do alumnado, que conseguiu crear unha colección de historias moi diferentes e orixinais.

O libro está feito en formato A3 e xa está preparado para comezar a súa viaxe por todas as aulas do cole. Así, pouco a pouco, todos e todas poderemos ler as historias e descubrir o traballo dos compañeiros e compañeiras.




domingo, 8 de novembro de 2026

Comezan as mochilas viaxeiras!

 As mochilas viaxeiras xa están listas para visitar os fogares e compartir momentos de lectura en familia.

Este curso traen unha novidade! Queremos que as familias tamén sexades protagonistas converténdovos en booktubers.

Animádevos a gravar un pequeno vídeo recomendando algún dos libros da mochila. 

Lembrade: en formato horizontal ao correo da biblioteca bibliotecaramoncaride@gmail.com

Compartiremos as vosas recomendacións con toda a comunidade educativa!

Agardamos os vosos vídeos!




martes, 3 de novembro de 2026

NOVIDADES NOVEMBRO 2026

 Xa están aquí as novidades da biblioteca! Achégate aos nosos andeis e descubre os últimos libros incorporados.




RADIO NA BIBLIO