Hoxe vivimos no cole unha xornada especial para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Viñemos vestidos de cor morada, símbolo da loita pola igualdade e contra a violencia machista. Unha maneira de amosar o noso compromiso cunha sociedade na que todas as mulleres poidan vivir libres e sen medo.
Xuntámonos para formar un gran lazo humano, lemos un manifesto e rematamos cantando todas xuntas Nais e Avoas, de Pauliña.
Dentro do noso PDI, O cole de Cea conta, cada curso investigou a vida dunha muller que foi invisibilizada pola violencia machista da súa época. Unha oportunidade para coñecer as súas historias, descubrir as súas achegas e darlles o recoñecemento que merecen.
Desde a biblioteca tamén seleccionamos diferentes libros relacionados co 25N, porque a lectura é unha boa maneira de reflexionar e educar na igualdade desde a infancia.
Queremos agradecer, dun xeito moi especial, á autora Noela Míguez que agasallou ao noso centro co seu libro Ocho señales, un relato autobiográfico que relata a relación de abuso, psicolóxico e físico, que case lle custa a vida.


.png)





Ningún comentario:
Publicar un comentario