Este Samaín puxémonos mans á obra para crear un libro colaborativo de historias de medo, no que participou o alumnado de 1ºEP a 4º da ESO.
Cada grupo tomou como
punto de partida a época histórica que traballa dentro do noso PDI «O cole de Cea conta» e, a partir
dela, inventou historias de medo, acompañadas das súas propias ilustracións.
Cada relato e cada debuxo son o resultado da implicación do
alumnado, que conseguiu crear unha colección de historias moi diferentes e
orixinais.
O libro está feito en formato A3 e xa está preparado para
comezar a súa viaxe por todas as aulas do cole. Así, pouco a pouco, todos e
todas poderemos ler as historias e descubrir o traballo dos compañeiros e
compañeiras.

Ningún comentario:
Publicar un comentario