A nosa biblioteca xa está en marcha! O pasado venres 12, ao longo de toda a xornada escolar, o alumnado de 1º a 6º de Primaria participou nunha formación especial para converterse en usuarios e usuarias da biblio. Recordamos as normas básicas, descubrimos as diferentes seccións e aprendemos como realizar un préstamo correctamente. Un primeiro paso para encher este espazo de lecturas, aprendizaxes e moita ilusión!

Ningún comentario:
Publicar un comentario