O cole de Cea na rede

martes, 16 de setembro de 2025

Libros sen dono buscan lectoras e lectores valentes!

 Temos expositor novo na biblioteca! Libros expurgados que podes levar para casa sen necesidade de devolución. Dalles unha segunda vida!




A biblioteca abre o xoves 18 de setembro!

 Ven descubrir milleiros de aventuras sen saír do cole.


luns, 15 de setembro de 2025

Formación para o alumnado de primaria

 A nosa biblioteca xa está en marcha! O pasado venres 12, ao longo de toda a xornada escolar, o alumnado de 1º a 6º de Primaria participou nunha formación especial para converterse en usuarios e usuarias da biblio. Recordamos as normas básicas, descubrimos as diferentes seccións e aprendemos como realizar un préstamo correctamente. Un primeiro paso para encher este espazo de lecturas, aprendizaxes e moita ilusión!