O cole de Cea na rede

mércores, 30 de abril de 2025

A ponte vella

Unha nova entrega da colección de "cousas" do rianxeiro coa que celebramos o Ano Castelao. Desta volta, o autor fálanos do estigma dunha enfermidade maldita: a lepra. 

O lobo feliz no Cole de Cea

O 22 de abril, anticipando o Día do Libro, Miguel Guido achegounos a historia dun lobiño incomprendido que só quería ser feliz (e non se conformaba con estar feliz).

Un relato musicado sobre os prexuízos, para un público infantil (ou non tanto).

mércores, 9 de abril de 2025

Novidades de abril de 2025

Entre o agasallo da Insua dos Poetas e os fondos propios da biblioteca, xuntamos este feixe de libros no mes de abril.

 

Chámanlle a Marquesiña

Ás veces os alcumes resultan irónicos... por non dicir crueis.