O cole de Cea na rede

martes, 21 de decembro de 2021

Comparte o teu cachiño por correo-e

Sexas estudante, profe ou persoal non docente, comparte o teu cachiño especial dun libro. Toma nota do enderezo-e da túa biblioteca.

venres, 17 de decembro de 2021

Temos correo!

Esta mañá recibimos un agasallo inesperado: unha postal de María García Vázquez, alumna de 5º de EP do cole de Xuvencos. Se queredes vela, picade no vídeo.

martes, 14 de decembro de 2021

Comparte o teu cachiño

Isto non é un concurso nin unha competición. Aquí non hai premios materiais. Trátase de compartires o teu anaco favorito dunha obra literaria coas persoas do cole. Sexas profe, estudante ou membro do persoal non docente, queremos saber que te emociona.

mércores, 1 de decembro de 2021

"La puñalada" de Pardo Bazán na voz da mocidade

Parte do alumnado de 4º ESO realizou unha lectura dramatizada do relato da escritora co gallo do 25N, que podes escoitar aquí