O cole de Cea na rede

venres, 26 de novembro de 2021

25N poemando con Celso Emilio Ferreiro

No ronsel do poema Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, unha parte do alumnado construíu os seus textos contra a violencia de xénero. Magnífico traballo, rapazada!

luns, 15 de novembro de 2021

Mes da ciencia en galego

Achégate á biblioteca para afondar nalgunha ciencia do teu interese. Hai onde escoller...

xoves, 4 de novembro de 2021

A Biblioteca comeza a tomar vida.

 Xa temos ao noso pequeno lectorado empregando as instalacións da Biblioteca Ramón Caride. Andan procurando libros para levar a casa en empréstito e mergullarse na lectura no tempo de lecer. Porén, como non hai tempo que perder, calquera intre é axeitado para deixarse acompañar pola maxia dun bo libro. 


Felices lecturas!