O cole de Cea na rede

venres, 29 de maio de 2020

#ContoContigo dende a 🏠 “Cando Martiño tuvo gana de mexar na noite de Reis” da man do noso alumno Jacobo.

Chegamos ao décimo #ContoContigo da man de Jacobo Álvarez Feijóo que nos trae un popular e moi divertido conto titulado "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" escrito por Chema Heras Varela e ilustrado por un dos amigos do Cole de Cea: Kiko da Silva.


xoves, 21 de maio de 2020

9º entrega de #ContoContigo dende a casa 🏠 . O noso alumno Arón lenos o seu propio conto 📚👏🏻


Xa imos polo 9º #ContoContigo desde a casa. Desta volta Arón Navarro lenos sentado na escaleira un conto escrito por el mesmo: "Adrián e a súa máquina". #bescolaresAbertas 

luns, 18 de maio de 2020

O noso profe Paco recita a Carvalho Calero #ContoContigo dende a casa 🏠 #LetrasGalegas


O profe Paco recita a Carvalho Calero neste #DíaDasLetrasGalegasdo 2020.
Un poema pacifista escrito polo autor ferrolán, homenaxeado este ano.
Que fai o número 8 do noso #ContoContigo desde a casa.


venres, 15 de maio de 2020

7ª entrega do #ContoContigo dende a casa 🏠 “A avoa Encarna fai niño? por Patricia Muñoz

Coñecedes o conto de A avoa Encarna fai niño?

 Pois a profe Patricia Muñoz váivolo contar nesta 7ª entrega do #ContoContigo.
Está escrito por Xosé A. Neira Cruz e ilustrado por Noemí López.






mércores, 13 de maio de 2020

#ContoContigo: “O arco da vella” 🌈 e “O meu barco” 🚢


Na semana das Letras Yago e Anxo recitan ao poeta da Terra Chá Manuel María, moi vencellado tamén coa nosa comarca. 
A 6ª entrega do #ContoContigo: “O arco da vella” 🌈 e “O meu barco” 🚢

luns, 11 de maio de 2020

5ª entrega do #ContoContigo desde a casa Gianni Rodari: "O Despaís"


A 5ª entrega do #ContoContigo desde a casa é da nosa orientadora Marta Torreiro que nos conta un conto do mestre, pedagogo e escritor italiano Gianni Rodari: "O Despaís"

xoves, 7 de maio de 2020

4ª entrega do #ContoContigo . Adrián e Martín contan “Andrés o mentireiro”


4ª entrega do #ContoContigo desde a casa desta volta con dous alumnos do centro, Adrián e Martín, que nos contan "Andrés o Mentireiro" de Lupe Loriga.
Se queres participar da iniciativa entra en https://www.edu.xunta.gal/centros/cpivirxedasaleta/node/759

martes, 5 de maio de 2020

#ContoContigo dende a casa (3ª entrega)

 3ª entrega do #ContoContigo desde a casa e vén da man Fátima Novoa Datorre co poema "Parece unha rosa" de Rosalía de Castro, ilustrado por Isabel Pintado.🌹Agardamos que vos guste. Moitas grazas Fátima!

#ContoContigo "Parece unha rosa"